Principal Arriba Contenido

BARRANCOS - FGM
Escalada Base M. VIVAC - FGM INF.XUVENIL - FGM BARRANCOS - FGM EURO RANDO 2011 BARRANC.INTERN.
 

 

[Imagen del producto] 4 de xullo de 2010 - (Galicia)

Actividade federativa consistente nun descenso de barrancos.

Require levar o material adecuado e preparación suficiente.

Debido ás súas características, pode ser dura para principiantes.

Características

  • Descenso de barancos.
  • Este ano será en Portugal, preto do refuxio da FGM en Albite.
  • Actividade medianamente esixente.

Prezos e outros datos

Dende o Clube de Montaña Xistra desexamos convidarvos o XVI Descenso de Barrancos da FGM, que este ano temos a honra de organizar no Gerés.

PROGRAMA

Datas: 3 e 4 de xullo.
Programa:
Opcional: o día 3 pola mañá e fora da actividade oficial poderá facerse un descenso optativo próximo á zona de Muíños, se existe unha listaxe dun mínimo de 6 persoas para a citada actividade. Contactar co clube organizador.

DIA 3
• 19h: Recepción no refuxio de Albite. Durmida no refuxio 2'5B Federados; 8B non federados.
• 21h: Cea no Corgo (Muíños) previa inscrición. Prezo 14B.

DIA 4 – Actividade oficial.
• 9h: Limpeza e saída do refuxio de Albite ata a Ermida.
• 10:15h: Inicio barranco río Carcerelha
• 15h: Clausura actividade.

É necesario levar provisión para xantar durante o descenso. Material obrigatorio para realizar a actividade: casco, neopreno, calzado adecuado á actividade, arnés, daga e 3 mosquetóns (1 HMS e 2 sen seguro), cinta e oito.

Regulamento:

1-.Esta actividade terá lugar o día 4 de xullo de 2010 no río Carcerelha. O lugar do descenso poderá mudar en función do caudal do río.
2-.Poderán participar unicamente montañeiros federados con licenza deportiva que cubra esta actividade.
3-.Os deportistas deberán ir provistos do material e prendas adecuadas para a actividade: neopreno ou prendas aptas para a auga, casco, arnés, oito, comida para o descenso e demais material da actividade.
4-.O material colectivo levarao a Organización.
5-.As inscricións efectuaranse na F.G.M., ou chamando ó Clube de Montaña Xistra, antes do día 1 de xullo (xoves). Fax da FGM 986207407.
6-.Os participantes nesta actividade asumen a aceptación completa deste regulamento. Calquera cuestión ou dúbida será resolta pola Organización, e a súa decisión será de obrigado cumprimento.
7-.Os participantes comprométense a seren respectuosos ó máximo co entorno. Queda prohibido totalmente deixar lixo ou residuos.
8-.A Organización non se fai responsable de ningún tipo de accidente.
9-.SÓ PODERÁN PARTICIPAR ÓS FEDERADOS QUE PRESENTEN CUMPRIMENTADA A FOLLA DE INSCRICIÓN OBRIGATORIA VIXENTE E DISPOÑIBLE NA PÁXINA WEB DA FEDERACIÓN.

Nota: Esta actividade pódese catalogar de dificultade media.

Folla de inscrición obrigatoria.

Circular para os clubes galegos e persoas interesadas (en formato pdf).

Máis información enlace web FGM

Lugar previsto - Google Earth

 

Enlace interesante http://ecdc-fge.blogspot.com/2009/09/rio-carcerelha-ermida-parque-do-geres.html

 

Envíe unha mensaxe a info@xistra.org con preguntas ou comentarios sobre este sitio Web.
Copyright © 2010 CLUBE DE MONTAÑA XISTRA
Última modificación: 26-05-2010