Principal Arriba Contenido

INF.XUVENIL - FGM
Escalada Base M. VIVAC - FGM INF.XUVENIL - FGM BARRANCOS - FGM EURO RANDO 2011 BARRANC.INTERN.
 

 

[Imagen del producto]
Refuxio en Albite

19 e 20 de xuño de 2010 - Serra do Xurés

Dende o Clube de Montaña Xistra desexamos convidarvos ó XXXIX Campamento e Marcha Infantil – Xuvenil de Montaña da FGM, que este ano temos a honra de organizar no Xurés.

Por motivos alleos ó noso club e imputables as novas regulacións medio ambientais e ás trabas burocráticas das institucións gobernantes, vémonos na obriga de mudar o emprazamento desta actividade por terceira vez. Finalmente optamos por realizar a actividade xunto o refuxio da Federación no Xurés, con capacidade para montar tendas, coa opción das liteiras, e dotado dos servizos hixiénicos necesarios.

Desexamos que lle deades a máxima difusión entre os vosos amigos e agardamos a vosa participación nesta interesante actividade.

Actividade federativa consistente nunha marcha e nun campamento con actividades infantís e xuvenís, pensado para realizar en familia ou en grupos dirixidos por titores.
Require levar o material de acampada e comida suficiente para dous días. Actividade fácil para as familias.

Características

  • Campamento
  • Marcha a pé dunhas 3-4 horas.
  • Actividade fácil familiar.

Prezos e outros datos

Descrición Xeral:

Actividade federativa galega orientada a deportistas de menos de 18 anos acompañados de pais ou titores. É un campamento e marcha orientado ás capacidades físicas dos rapaces. A actividade non é esixente, está prevista a asistencia durante o campamento e a marcha. Os participantes deberán contar con todo o necesario para o campamento.

Se as condicións o aconsellan poden realizarse actividades xunto ó río, polo que poderán levar bañadores.

Marcha:

A marcha será realizada o domingo pola mañá e será de tipo circular dende o refuxio da Federación.

Regulamento:

1-. Esta actividade terá lugar os días 19 e 20 de xuño de 2010, na Serra do Xurés (Albite).

2-. Poderán participar unicamente montañeiros federados.

3-. Os deportistas deberán ir provistos do material e prendas adecuadas para a actividade incluído o material de acampada e provisións de alimentos e bebida.

4-. As inscricións efectuaranse na F.G.M., ou chamando ó Clube de Montaña Xistra, antes do día 15 de xuño (martes). Fax da FGM 986 20 74 07.

5-. Os participantes nesta actividade asumen a aceptación completa deste regulamento. Calquera cuestión ou dúbida será resolta pola Organización, e a súa decisión será de obrigado cumprimento.

6-. Os participantes comprométense a seren respectuosos ó máximo co contorno. Queda prohibido totalmente deixar lixo ou residuos.

7-. A Organización non se fai responsable de ningún tipo de accidente.

8-. SÓ PODERÁN PARTICIPAR ÓS FEDERADOS QUE PRESENTEN CUMPRIMENTADA A FOLLA DE INSCRICIÓN OBRIGATORIA VIXENTE E DISPOÑIBLE NA PÁXINA WEB DA FEDERACIÓN.

Folla de inscrición obrigatoria.

Circular para os clubes galegos e persoas interesadas (en formato pdf).

Máis información enlace web FGM

Lugar previsto - Google Earth

 

Envíe unha mensaxe a info@xistra.org con preguntas ou comentarios sobre este sitio Web.
Copyright © 2010 CLUBE DE MONTAÑA XISTRA
Última modificación: 26-05-2010