🏔️ LICENZAS FEDERATIVAS 2026
Xestión a través do Clube de Montaña Xistra
✅ Preinscrición 2026 xa dispoñible!
Xa podes realizar a túa preinscrición para as licenzas e a cota de socio de 2026. Recomendamos facelo canto antes para garantir a cobertura dende o 1 de xaneiro.
FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN 2026
O Clube de Montaña Xistra informa a todas as persoas socias sobre o inicio do proceso de tramitación das licenzas da Federación Galega de Montañismo (FGM) e da Federación Española (FEDME) para a tempada 2026.
Socios: Cota do Clube 2026
- Cota Xeral: 30 €. Esta cota aplícase a todas as persoas socias maiores de idade, independentemente da modalidade de licenza elixida.
- Menores de Idade: Poderán ter acceso a subvencións na cota do club. É fundamental que a tramitación se realice e se complete durante o mes de xaneiro para poder beneficiarse destes descontos.
Documentación e Prezos Oficiais
A información detallada sobre coberturas, modalidades e o prezo das licenzas 2026 está dispoñible nos documentos oficiais da FGM:
📄 Táboas de Prezos FGM 2026
📄 Táboas de Prezos FEDME 2026
🔗 Novidade Oficial FGM
Lembrade que a cota do club (30 €) é adicional ao prezo da licenza federativa.
















